La Xunta abrirá dos nuevos polos de emprendimiento en Valdeorras y Miño Central que junto con el de Verín ofrecerán servicios al 100% de los ayuntamientos ourensanas – Xunta de Galicia

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode aceptalas no botón «De acordo», así como obter máis información, configurar as súas preferencias ou rexeitar as cookies aquí.
A Xunta abrirá dous novos polos de emprendemento en Valdeorras e Miño Central que xunto co de Verín ofrecerán servizos ao 100% dos concellos ourensás
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na xornada de clausura do coworking que a Xunta activou na Rúa e no que se prestou asesoramento a vinte proxectos empresariais
Imaxe 1 de 1
Referendou o compromiso da Xunta na posta en marcha de novas ideas de negocio a través da Rede de Polos de Emprendemento que contará con 12 centros en toda Galicia en 2023
O Goberno galego apoiará o traballo autónomo cun novo programa en 2023 que destinará 30M€ para axudar uns 25.000 profesionais con apoios medios de 1.200 euros

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na xornada Demo Day que puxo fin ao espazo coworking promovido pola Xunta de Galicia na Rúa, que prestou apoio a vinte proxectos empresariais. No acto, Ardao referendou o compromiso do Goberno galego para coas políticas coordinadas de promoción das iniciativas de negocio, que veñen de acadar un fito coa posta en marcha da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, o primeiro deles en activo desde este verán en Verín para dar servizo á área Ourense centro e Sur.
A directora xeral anunciou que o próximo ano abriranse outros dous novos polos que darán servizo a rexión Miño Central e Valdeorras, co que se estenderá a cobertura dos seus servizos a todos os concellos da provincia. Galicia contará cun total de 12 centros antes de que remate 2023, cinco deles estarán activos este mesmo ano: Ourense Centro e Sur, Pontevedra Sur e Rías Baixas e Costa da Morte -xa en marcha- aos que sumarán outros dous en Ferrolterra e comarca de Lemos.
A través destes polos, detallou Ardao, ofrécese “unha rede unificada e coordinada, conformada por titores que acompañan desde o comezo e durante cada etapa ás persoas que inician a súa andaina empresarial”. Trátase de brindarlles as ferramentas para que sexan capaces de emprender “en condicións de seguridade e para garantir que os seus negocios crezan e se poidan consolidar no tempo”, engadiu.  
A Xunta está tamén a fortalecer os negocios dos emprendedores xa constituídos e que destinará en 2023 un total de 30 millóns de euros a unha nova liña específica, Impacto Autónomo, “para dar unha axuda de ata 1.200 euros a cada autónomo a maiores dos programas comúns da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e axudalos a palíar as subidas de prezos, enerxéticas, de combustibles ou de materias primas”, indicou Ardao.
Ata o 4 de novembro, por outra banda, mantense aberto o prazo de solicitude das axudas do programa Xempre Emprendemento que con 2,8 millóns de euros quere apoiar ás persoas que emprenderon desde o 1 de xaneiro de 2020, en plena pandemia, e manteñen os seus negocios en activo. Poderán recibir axudas de 3.000 a 30.000 euros para sufragar cos gastos ordinarios asumidos neste 2022 entre outros para a adquisición de informática, mobiliario ou de eficiencia enerxética.
Todas estas medidas insírense estratexia Xempre Contigo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, coa que o Goberno galego está a impulsar a iniciativa empresarial no territorio e as políticas de apoio aos traballadores autónomos e á economía social.
Imaxe relacionada 1 de 1 da nova
A Inspección de Traballo realizou preto de 30.000 actuacións na provincia da Coruña no ano 2021
A Xunta achega 108.000 euros a oito asociacións e 30 anpas lucenses para promover accións de igualdade
Un total de 25 mozos e mozas galegos especialízanse en comercio exterior grazas ao programa de bolsas de internacionalización
CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía Accesibilidade Aviso legal Mapa do portal InsuitApoio á navegación

source