El programa Eres-Mentoring permite asesorar y mejorar las … – Xunta de Galicia

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode aceptalas no botón «De acordo», así como obter máis información, configurar as súas preferencias ou rexeitar as cookies aquí.
O programa Es-Mentoring permite asesorar e mellorar as estratexias de negocio de 20 entidades de economía social
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela na xornada de resultados desta iniciativa conxunta de Agaca, EspazoCoop e Xunta
Imaxe 1 de 2
Imaxe 2 de 2

O proxecto piloto dirixiuse a negocios cunha necesidade específica, que se atoparan nun momento de crise ou proceso de cambio e estiveran interesados en recibir orientación sobre como enfocar a situación

O orzamento da Consellería destinado en 2023 á economía social increméntase nun 21% ata chegar aos 42 millóns de euros
 
  A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela na xornada de resultados do programa Es-Mentoring, unha nova iniciativa piloto que impulsaron de xeito conxunto este ano Agaca, EspazoCoop e o departamento autonómico. Trátase dun programa dirixido a negocios que teñan unha necesidade específica: deben atoparse nun momento de crise ou proceso de cambio e estar interesados en recibir asesoramento sobre como enfocar a situación.
Deste xeito, Es-Mentoring permitiu na súa primeira edición que 20 entidades de economía social, lideradas por 27 persoas, recibiran orientación para, entre outros, potenciar as súas relacións de intercooperación e mellorar as estratexias de identificación e resolución de problemas.
En palabras de Lorenzana, o programa pon o foco na economía social e en todas as entidades que a conforman, tecendo unha rede colaborativa que permite ás entidades mentorizadas implantar melloras desde a experiencia e a aprendizaxe doutras empresas cunha ampla traxectoria nesta fórmula empresarial. “É unha actuación que debe consolidarse, xa que é moi importante para o crecemento das cooperativas”, indicou.
A titular de Promoción do Emprego e Igualdade sinalou que o apoio autonómico á economía social é “firme”, xa que se trata dun modelo de negocio que supón un 7% do PIB galego e ten un impacto económico anual duns 850 millóns de euros.
O orzamento da Consellería para 2023, deste xeito, incrementa o investimento para a economía social nun 21%, ata chegar aos 42 millóns, para continuar visibilizando esta fórmula, impulsando a creación de postos laborais e promovendo o traballo inclusivo a través da colaboración público-privada que, en palabras de Lorenzana, é clave para seguir avanzando na creación de emprego. O vindeiro ano, ademais, aprobarase a nova Estratexia galega da economía social 2023-2026 e seguirase a despegar por toda a xeografía galega a Rede de polos de emprendemento e de apoio ao emprego que tamén potencia a economía social como unha fórmula máis de éxito para emprender.
Para rematar, Lorenzana puxo en valor o papel que desempeñan Agaca e EspazoCoop para impulsar en Galicia este modelo do que asegurou que se basea “en principios de éxito” poñendo ás persoas no centro e aproveitando o seu talento.
Imaxe relacionada 1 de 2 da nova
Imaxe relacionada 2 de 2 da nova
A Xunta formaliza a incorporación de novos integrantes de Protección Civil ás agrupacións de Portas, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa
Lorenzana pon en valor en Lugo os proxectos ‘Malaikas’ e ‘Berrando ao Mundo’ cos que Juan Soñador e Xunta apoian ás mulleres migrantes e á mocidade máis vulnerable
O DOG publica hoxe a oferta de emprego público da Administración Xeral para 2022, con 702 prazas de acceso libre
CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía Accesibilidade Aviso legal Mapa do portal InsuitApoio á navegación

source